28 mar 2011

Concurso de microrrelatos

 A Biblioteca convoca una segunda edición do concurso de microrrelatos, que a partir de agora terá continuidade ata final de curso.
Haberá unha convocatoria mensual cunha frase de inicio para os microrrelatos, que podedes enviar ata o día 25  á dirección de correo da biblioteca biblixel2@gmail.com. O día 1 de cada mes publicaremos os gañadores da convocatoria anterior e os seus relatos. Estes poden estar escritos en galego ou castelán.
O xurado está composto polo equipo de biblioteca.
Para o mes de ABRIL os relatos deben comezar pola frase:
Entre as árbores asomaba un raio de sol /Entre los árboles asomaba un rayo de sol.
Anímate e envíanos o teu texto antes do 25 de abril!

Se tes alguna dúbida, aquí tes una pequena guía para facer un microrrelato:
  1. Os microrrelatos son pequenas historias , de 100 palabras como máximo.
  2. Como todos os relatos, o microrrelato ten presentación, nó e desenlace.
  3. Non transcorre moito tempo entre o principio e o final da historia.
  4. Poucos personaxes (3 son moitos) e un só escenario.
  5. O título é moi importante. Desvela algo esencial na historia.
  6. Evita as descripcións abstractas e explicacións innecesarias.
  7. Debes ser orixinal. Non Plaxies.

No hay comentarios:

Publicar un comentario