8 jun 2011

“El faro”, de P.D. James

 Jose Luis Martín Iglesias, profesor e director do noso centro achéganos esta recomendación de lectura:
"Mándovos un pequeno comentario dunha lectura que fixen recentemente. En xeral, gústame ler novelas de misterio, crimes e policíacas, e “El faro”, de P.D. James, inscríbese neste xénero. É máis ou menos unha novela típica do mesmo, cun asasinato difícil de resolver do que se encarga un brillante e experimentado equipo de policías, con grandes dificultades pola localización na que se atopan, o perfil das persoas involucradas e algunha sorpresa inesperada que vai xurdindo. O protagonista é o detective Adam Dalgliesh, personaxe recurrente na obra da escritora. Tamén se fai algunha incursión nos sentimentos e vida persoal dos protagonistas, que é quizáis o me menos me gusta do libro, que por outra banda é de lectura fácil, aínda que o clásico reto de adivinar quen é o culpable a min antóllaseme imposible neste caso.
A autora, Phyllis Dorothy James, naceu en Oxford, Inglaterra, en 1920, foi funcionaria no ministerio do Interior británico e directiva da B.B.C. Moitas das súas obras foron adaptadas para a televisión ou o cine. Na actualidade, segue a escribir".




 

No hay comentarios:

Publicar un comentario