3 nov. 2011

2011 Centenario do Nobel a Marie Curie. Ano Internacional da Química

Marie Curie foi a primeira persoa en recibir dous premios Nobel en dous campos diferentes e a primeira muller en ser profesora da Universidade de París.

Xunto con Pierre Curie e Henri Becquerel, Marie foi galardoada co Premio  Nobel de Física en 1903, sendo a primeira muller que obtivo tal galardón.

En 1910 demostrou que se podía obter un gramo de radio puro. Ó ano seguinte recibiu o Premio Nóbel de Química “en recoñecemento dos seus servizos no avance da química polo descubrimento do radio e o polonio, o illamento do radio e o estudo da natureza e compostos dese elemento”.

Cunha actitude desinteresada non patentou o proceso de illamento do radio, deixándoo aberto a toda a comunidade científica.
Pincha no seu retrato para saber máis


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario