14 dic 2012

Día dos dereitos humanos

O 10 de decembro lembramos a Declaración dos Dereitos Humanos con diversas actividades e proxeccións de audiovisuais.


Pero, que é a Declaración dos Dereitos Humanos?


Dalgún modo, dende sempre se lle recoñeceu as persoas o dereito a ser respectadas dntro do grupo ao que pertencían. Así,  nas tribos primitivas estaba mal visto facer mal a alguén da propia tribo, mentres que os membros das demáis tribos eran considerados inimigos e non se lles recoñecían ningún “dereito”

Hai máis de dous mil anos, algúns filósofos gregos (Sócrates, Platón, Aristóteles) descubriron que aquello nos que nos parecemos os humanos é moito máis importante que aquello que nos diferenza. Por iso defenderon que todas as persoas participan da mesma natureza humana. E esa natueza nosa é o que nos empuxa a vivir xuntos, formando familias, pobos e cidades. Pero para poder convivir pacíficamente, estamos obrigados a respectar aos demáis e os demáis a respectarnos a nós.

Co trunfo do cristianismo, a filosofía grega quedou relegada, pero xa o cristianismo incorporara algunhas das súas concepcións xunto con elementos da tradición hebrea. E así, dende hai dous mil anos, o cristianismo defende que os seres humanos (creados a imaxe e semellanza de Deus) son superiores aos demáis seres vivos e por iso teñen unha dignidade especial que debe ser respectada. O precepto do “amor ao próximo” obriga aos cristáns a respectar ás demáis persoas e procurar a súa felicidade. Este compromiso está presente tamén noutras relixións, como o Islam (herdeira da mesma tradición), que persegue o entendemento e respecto entre todos os seres humáns e, en consecuencia, a paz. 
 
Os filósofos ilustrados (Locke, Rousseau) entenderon que os seres humanos nacemos libres e iguais e que temos dereito a facer e disfrutar de determinadas cousas, de modo que negárnolas supón sempre un dano para nós. Pero se ademáis eses dereitos fan referencia a algo realmente valioso e necesario para manter a nosa dignidade, entón negárnolos é inxusto e moralmente reprobable. Por iso estes dereitos fundamentais (entre os que se atopan a vida, a liberdade, a igualdade, a propiedade, a presunción de inoncencia, o dereito a non ser torturado, a un xuízo xusto, etc.) deben estar por riba do poder dos gobernos. 

Compre ademais que eses dereitos estean recoñecidos (positivados) é dicir, que sexan lei, porque nese caso, negarnos o seu disfrute, ademáis de inmoral sería ilegal. Por iso, á vez que se reclamaron un número cada vez maior de dereitos fundamentais, foronse recollendo  en declaracións solemnes, como os contidos nos Tratados do Goberno Civil (1690), a Declaración de Independencia dos EEUU (1776), a Constitución Americana (1791) ou a Declaración dos Dereitos do Home e o Cidadán, promulgados trala Revolución Francesa (1789).

No século XX comezan a reclamarse a igualdade de dereitos entre homes e mulleres, que se recolle por primeira vez na Constitución de Weimar (1919) e os movementos obreiros permiten tomar conciencia da necesidade de recoñecer como dereitos fundamentais tamén dereitos sociais, como o dereito ao traballo ou a asistencia social. Estes dereitos recóllense por primeira vez na Constitución da Unión Soviética (1936).


Pouco a pouco -e en relación con cambios económicos, sociais e políticos- teñen ido incorporándose distintas clases de dereitos, relacionados con distintos modos de entender as necesidades básicas dos homes para salvagardar a súa dignidade (é dicir, para garantir a súa consideración como fins en sí mesmos, ou o que é o mesmo, para impedir que uns seres humanos traten a outros seres humanos como medios, como instrumentos). Neste sentido é posible falar dunha dimensión histórica dos dereitos humanos.

   Os historiadores distinguen tres xeneracións de dereitos, cada unha das cales toma como referencia un dos valores últimos que deben orientar as accións humanas: a primeira xeneración é a que proce do liberalismo e ten como referente a liberdade; a segunda ,procedente do socialismo, ten como referente a igualdade; e a terceira, que trata de dar resposta a certas preocupacións de carácter colectivo, ten como referente a solidariedade.

Os millóns de víctimas ocasionadas pola Segunda Guerra Mundial, conmoveron a conciencia das persoas e dos pobos e para evitar que tales sucesos se volveran a repetir no futuro, redactouse a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, que foi aprobada pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas, o 10 de decembro de 1948 e non por unanimidade (dos 58 Estados membros en aquel momento, só 48 votaron a favor.Aínda que ninguén votou en contra, houbo 8 abstencións e 2 ausencias).


Nos 64 anos transcorridos dende a Declaración avanzouse no respecto e na garantía destes dereitos en moitos países (fundamentalmente nos máis desenvolvidos), sendo así que para preservalos e garantir o seu cumprimento, fóronse incorporando ás súas Constitucións. Sen embargo, queda moito camiño aínda por percorrer. Nos países máis pobres, morren tódolos días miles de persoas por non ter acceso aos alimentos, a auga potable ou a medicamentos básicos. Son moitos os nenos que non teñen acceso a educación e que son explotados en traballos, sen ningún amparo legal. Dereitos básicos como a liberdade de expresión, de circulación e de conciencia, non son recoñecidos en países non democráticos...


E no chamado primeiro mundo compre que cada persoa, se implique activamente no propio desenvolvemento dos seus dereitos e no respecto aos dereitos dos demáis e que os Estados  e as súas institucións, non deixen de garantir o seu exercicio e respecto. Este  deber, nun mundo interdependente e globalizado, faise extensivo aos organismos internacionais.


Rematamos cun video 

No hay comentarios:

Publicar un comentario