13 mar 2014

22 de marzo,DÍA MUNDIAL DA AUGA


En 1992 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas estableceu  o 22 de marzo como Día Mundial da Auga. Neste día queremos recordar que mentras nós malgastamos un ben tan prezado, hai millóns de persoas no mundo que non teñen acceso á auga potable.
O pasado trimestre organizamos na biblioteca unha semana dedicada á agua, cunha exposición de collages co tema da auga, lecturas de textos e música, concurso de fotografía e  realización de diversos traballos relacionados con este tema. Aproveitamos o día de hoxe para recordar a importancia que ten este elemento e  amosárvos algunhas das actividades feitas.

                       

                       

                       

                       

                       
 
                         
 
 E para rematar con este tema convidámosvos a visitar a exposición "Auga Doce"no Museo Centro Gaias da  Cidade da Cultura de Santiago.


A continuación tedes unha pequena introdución e o enlace coa web do museo:

"Auga Doce suporá unha viaxe polas propiedades da augas subterráneas galegas, dos nosos ‘mil ríos’ e mananciais, do aproveitamento histórico que os galegos fixeron da auga e, como non, a plasmación artística desta relación identitaria. Mais a exposición trascende a realidade galega, convidando ao visitante a conectarse con outros pobos onde a auga define tamén a súa identidade e a súa cultura.
Auga Doce supón unha incursión que comeza descendendo ao mundo subterráneo das Augas Escondidas,...para ir ascendendo ata a Auga na TerraAuga e Home...; ata concluír Mirando ao ceo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario