27 mar 2014

Certame Literario: Narracións de El Greco




Este ano conmemoranse os 400 años da morte de Domenicos Theotocopoulos (Creta, 1541- Toledo, 1614), máis coñecido como El Greco. A editorial Lunwerg quixo facerlle unha homenaxe da man dalgúns dos narradores máis recoiñecido da literatura española contemporánea. Convidou a 22 escritores (entre eles figuran nomes como, Juan Eslava Galán, Ángeles Caso, Álvaro Pombo o Andrés Trapiello)  a que imaxinasen un relato a partir dun cadro do pintor.  O resultado é  un libro que recolle un conxunto de narracións sorprendentes.

A imaxinación do noso alumnado non é menos fértil; só teñen que aceptar o desafío que lanzamos dende a biblioteca e deixala voar. Andy Warhol dixo que “El Greco é o deus da pintura”. Pois ben, convidamosvos a que vos situedes na pel deste deus da pintura, que seleccionedes un dos seus cadros, como se o acabasedes de pintar e comecedes a partir del un relato breve tecendo unha historia a partir dun personaxe ou dun obxecto que apareza no cadro e centre a vosa atención.

Asina sempre Domenicos Theotocopoulos, pero para concursar debe usar como pseudónimo o nome do alumno ou alumna que presenta o relato.

BASES

O Concurso  Literario Narracións de El Greco é  unha convocatoria aberta a todo o alumnado  do IES Xelmírez II. Os relatos poden presentarse indistintamente en lingua galega ou castellana e é requisito imprescindible que sexan orixinais.O tema dos relatos debe estar inspirado  nun cadro de El Greco.
Os traballos teñen que presentarse de forma anónima (todos irán asinados por Doménicos Theotocópulos), identificándose mediante o título. Pódense presentar na biblioteca ou ben envialos por correo electrónico (biblixel2@gmail.com) . Nos dous casos entregarase na biblioteca, un sobre pechado co título do relato,  e no  interior se incluirá  unha nota cos datos do  autor ou autora.  A súa  extensión no debeser menor a 500 palabras, nin superior a 1000.

Premios: un para primeiro ciclo da ESO e outro para segundo ciclo da ESO e Bacharalato.

Atendendo a unha suxestión do alumnado, amplíase o concurso á banda deseñada. Establécese un premio tamén para esta categoría.

Data límite  de entrega dos traballos: ata o venres, 19 de abril

Os premios entregaranse o día 23 de abril: DÍA INTERNACIONAL  DO LIBRO
 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario