26 oct 2015

De ratones y hombres.

De ratos e homes é unha das novelas máis importantes da narrativa estadounidense do século xx. Obra de John Steinbeck , gañador do premio Nobel de literatura , e autor tamén de títulos tan importantes como As uvas da ira ou Ao leste do Edén , foi froito de múltiples adaptacións ao teatro, ao cinema e mesmo á ópera, pero esta é a súa primeira adaptación ao cómic.

Narra a historia de George e Lennie , dous traballadores temporeiros que viaxan polo país traballando en granxas e que comparten un soño: ter a súa propia leira. Con todo, Lennie, simple como un neno pero forte como unha mula, sempre se está metendo en problemas e George non pode facer outra cousa que protexelo e seguir adiante, dun traballo a outro.

Unha traxedia universal sobre a amizade, a pobreza, a discriminación e os soños, maxistralmente adaptada por Pierre-Alain Bertola , que sabe captar nas súas ilustracións todo o dramatismo dun texto que se presenta practicamente intacto con respecto á novela.



No hay comentarios:

Publicar un comentario