21 oct 2015

NOVIDADES

"Destino Hërgüss" é a primeira novela gráfica ambientada no Planeta Mincha. Está protagonizada por Pichük e Tombö. O primeiro deles é o personaxe da serie de libros ilustrados Diario de Pichük, editada por Everest. A obra ofrece conexión con esta serie de libros a través do personaxe citado pero neste caso vai destinada a un público xuvenil e adulto e aborda unha aventura complementaria en formato novela gráfica onde coñeceremos a outros personaxes que pasarán a formar parte deste particular universo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario