25 nov 2015

WILL GRAYSON, WILL GRAYSON

Dous mozos, dúas vidas, un nome. Dous autores, dous personaxes, un gran libro. Will Grayson ten dúas regras na vida: calar e non implicarse en nada. Con todo, o seu mellor amigo, Tiny Cooper, está decidido a buscarlle noiva e a montar o seu musical autobiográfico: Tiny Dancer . Moi preto del hai outro Will Grayson: un ch ico melancólico que non ten nada bo ao que agarrarse. O único que fai que a súa vida mereza a pena é a súa relación online con Isaac, ao que nunca viu en persoa. Unha fría noite de inverno, os dous Will Grayson cruzaranse nunha esquina calquera de Chicago. Por sorte para ambos, Tiny está decidido a empuxalos cara á felicidade, o amor e, por suposto, o musical máis fabuloso xamais representado nun instituto. Divertidísima, conmovedora e profundamente perspicaz, a novela de John Green e David Levithan reflexiona sobre a amizade e a identidade con todo o humor e a emoción propios de dous mestres do xénero.
http://image.casadellibro.com/a/l/t0/82/9788415594482.jpg

No hay comentarios:

Publicar un comentario