4 nov 2016

A biblioteca que en lugar de libros presta xente con historias para contar

Bo día, pódome levar a esta persoa prestada por unha media hora por favor?

Algo máis ou menos así é o que un pode preguntar na biblioteca humana, un proxecto que no canto de ofrecer libros para levar, ofrece a diferentes persoas con historias interesantespara contar.

A idea da Organización Biblioteca Humana é romper barreiras entre a xente e promover o diálogo e a comprensión. 

O sistema é moi simple: os usuarios consultan un catálogo no que hai unha lista de persoas con historias para compartir.

Despois de elixir, o usuario ten ao redor de media hora para escoitar a este libro vivente e tamén para preguntar, dialogar.

Os libros son polo xeral persoas que foron vítimas de prexuízos, exclusión social ou que foron estigmatizadas, para que o lector teña a oportunidade de revisar os seus propios prexuízos.

Un pode, por exemplo, "o libro" Laura, que trata sobre como é vivir con ananismo.





http://www.lesserknownfeatsofawesomeness.org/wp-content/uploads/2016/01/Telling-Your-Story.jpg
 

Ou se pides prestado "o libro" Michael, aprenderás sobre as dificultades dun mozo de comunicarlle aos seus amigos e familia a súa decisión de converterse en sacerdote católico.

O máis recente evento tivo lugar en Singapura, pero a Biblioteca Humana xa se organizou en máis de 70 países en todo o mundo.

Máis info

No hay comentarios:

Publicar un comentario