22 ene 2020

DÍA DA PAZ: 1000 GRÚAS DE PAPEL.


O 30 de xaneiro celébrase o Día da Paz e convidamos a toda a comunidade educativa  a participar nun reto:

O RETO DAS MIL GRÚAS.

Queres colaborar  para conseguilo?

Na biblioteca teremos unha caixa onde podes depositar a túa grúa de papel. Ademais o xoves 30 durante os  recreo,  Pilar Figueroa impartirá un taller de papiroflexia.


As grúas de origami (papiroflexia) fixéronse famosas a nivel mundial coa historia da nena Sadako Sasaki, vítima da bomba atómica de Hiroshima durante a II Guerra Mundial. Supervivente da explosión, caeu enferma de leucemia. Unha amiga recordoulle a tradición dos origamis e propúxose completar as mil para pedir como desexo a curación dos afectados e a paz. 

Pero Sadako non o conseguiu e faleceu aos 12 anos. Así a todo, nacera un símbolo para todos. Os seus compañeiros de clase completaron as figuras de papel que faltaban e anos despois Hiroshima levantou un monumento no seu recordo no Parque da Paz, epicentro da explosión e onde aínda un edificio en ruínas recorda aquela traxedia. A súa emotiva historia rapidamente fíxose famosa en Xapón e occidente. Hoxe miles de grúas de papel repousan baixo o monumento como unha continuación do sono de Sadako.
Aquí deixámosvos unha curtametraxe preciosa que ilustra sen palabras a triste historia de Sadako Sasaki



Para os xaponeses a grúa é o símbolo da paz, como para nós o é a pomba branca. Se queredes aprender a facer unha grúa de origami, seguide os pasos no seguinte vídeo:
Resultado de imagen de grulla de papel

Tamén podedes achegarvos á biblioteca para ler o libro dispoñible en galego e castelán.

 Resultado de imagen de sadako e as mil grúas

No hay comentarios:

Publicar un comentario