Dende a Asesoría de bibliotecas escolares recórdannos a importancia desta data para paliar a brecha de xénero nos sectores STEAM.
Na Biblioteca do Xelmírez II púxemos en marcha un Pasapalabra sobre mulleres científicas e as súas achegas, ademais atoparás unha selección de lecturas. Antes de Entroido coñeceremos o gañador deste concurso.
No ano 2015, a ONU
estableceu un Día Internacional para recoñecer o rol crítico que xogan
as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía, a través da Resolución A/RES/70/212. A
finalidade é lograr o acceso e a participación plena e equitativa na
ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade
de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas.
Para saber máis podes visitar os seguintes enderezos:
https://www.unwomen.org/en/news/in-focus/international-day-of-women-and-girls-in-science
https://mujeresconciencia.com/
No hay comentarios:
Publicar un comentario