9 nov 2020

MES DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA

Con motivo do Día da Ciencia en Galego (4 de novembro) as Bibliotecas celebramos o 

MES DA CIENCIA EN GALEGO.

Na nosa Biblioteca Arcebispo Xelmírez II dispoñemos de libros e revistas de temática científica en galego , non dubides en solicitalos. Aquí vos deixamos algúns de mostra:


Aquí tedes enlaces que poden resultar do voso interese:

 · Folleto informativo das actividades do MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS:

https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/files/Folleto%20Mes%20Ciencia%202020_definitivo_0.pdf

· Manifesto de Xurxo Mariño:

 https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/files/Manifiesto%202020-V1.pdf

 · Mycogalicia.es ofreceu durante o confinamento da pandemia uns contidos científicos en aberto para toda a poboación chamados “Ciencia na casa”, aqui vos deixamos o enlace:

 https://mycogalicia.es/education/ciencianacasa/

 · Asistencia vía online á videoconferencia organizada por IGACIENCIA de Sonia Villapol Salgado "Só a ciencia nos rescatará da pandemia". Día 16 de novembro, de 12:45 a 14h, para alumnado de 4º da ESO.

Coñecer o coronavirus para vencelo. Nos últimos meses atopámonos inmersos nunha pandemia e todo cambiou de súpeto. En todo o mundo, o novo coronavirus que causa a famosa enfermidade do coronavirus do 2019 (COVID-19) expándese e apaga vidas. O SARS-CoV-2 chegou sen moito aviso e levamos aprendendo pouco a pouco como se transmite, como infecta e como podemos controlalo ou eliminalo. As vacinas son a única ferramenta para unha inmunidade colectiva e, mentres agardamos por elas, temos que aprender a protexernos e protexer, especialmente ás persoas máis vulnerables. Só coa investigación científica imos saír desta, todos e todas a unha. Nunca antes se fixeran tantos avances científicos contra unha enfermidade en tan pouco tempo. Hai que seguir a traballar ata dar cos mellores tratamentos e vacinas eficaces e seguras, mais debemos estar certos de que, unha vez máis, a ciencia será quen nos rescate.

Investigadora no Texas Medical Center_ (Houston, EEUU), forma parte do equipo de investigación internacional da COVID-19, https://www.villapol-lab.com/

Tanto pola súa traxectoria, como pola temática sobre a que versará a conferencia (covid19), como por ser galega e muller, seguro que merecerá a pena seguila. Falará desde Houston.







   



No hay comentarios:

Publicar un comentario