17 oct 2011

Plan de mellora de bibliotecas escolares

Comezamos este curso 2011-2012 cunha boa noticia:
ESTAMOS NO PLAMBE!!
O Plan de mellora de bibliotecas vainos permitir continuar coa renovación da biblioteca: Actualizar os fondos, renovar mobiliario, equipos informáticos... En definitiva, facer da biblioteca o espazo de convivencia e aprendizaxe que precisa o centro.
Esperamos a visita e participación de todos os lectores, investigadores e curiosos do Instituto. O Equipo de biblioteca está á vosa disposición.

2 comentarios:

  1. ESTE É O MEU SEGUNDO E FUGAZ PASO VIRTUAL POLA BIBLIOTECA ARCEBISPO XELMIREZ II.
    E NON ME DA VERGOÑA RECOÑECER QUE SE ME QUEDA A BOCA ABERTA COMO A ESES TURISTAS QUE DESCOBREN POR PRIMEIRA VEZ A PRAZA DO OBRADOIRO.
    REALMENTE É PARA ESTAR ORGULLOSOS DE TER UN SERVIZO TAN ATRACTIVO E ADIANTADO COMO O QUE NOS ESTADES A FACILITAR.
    MOITOS PARABENS POLO TRABALLO ADICADO A TODOS/AS OS USUARIOS
    JAVIER SUÁREZ DEPT. E.F.

    ResponderEliminar
  2. Grazas Javier, comentarios coma o teu animan a seguir traballando para facer da nosa biblioteca un espazo de utilidade para toda a comunidade educativa. Lembrade que estará viva se todos e todas lle facemos un oco na nosa práctica docente diaria. Sara

    ResponderEliminar