26 sept 2013

BENVIDOS LECTORES!

Comeza o curso: libros de texto, mochilas, profes, compañeiros, caras de sono...o de todos os anos.
Agás  na BIBLIOTECA, donde o curso empeza cunha morea de NOVIDADES mirade, mirade

Narrativa

Febre
Héctor Carré.
"A represión, inxustiza e violencia daquel tempo do volframio, no inicio dos anos 40, entrelázanse coa esperanza, o amor e a loita pola liberdade e a igualdade."






O gardián invisible
 "Dolores Redondo Meira, unha autora navarra de ascendencia galega, constrúe en O gardián invisible, a súa segunda novela, un thriller orixinalísimo onde se mestura a investigación policial e científica co suspense e coa mitoloxía das lendas navarras. A inspectora Amaia Salazar, da Policía Foral, investiga o asasinato dunha adolescente que aparece morta e coas roupas esgazadas no medio dunha mesta fraga. O asasino colocou os zapatos da vítima como sinatura da súa identidade e a investigación acaba por conducir a inspectora a Elizondo, a súa vila natal, onde se ve obrigada a se enfrontar ao seu pasado. Unha novela vibrante, que deixa sen alento a quen a le."

 Cómic



Betelgeuse 
Leo.
Serie  a cabalo entre a ciencia ficción e a literatura fantástica donde atoparedes unha chea de misterio e aventuras.

Soy una matagigantes

colaboración del guionista Joe Kelly y el dibujante JM Ken Niimura,xuntos conseguiron   unha historia diferente,chea de maxia e fantasía.







Esto para abrir boca, pero tedes máis na biblioteca. Esperamos a vosa visita.

No hay comentarios:

Publicar un comentario