24 oct 2013

2013 Ano Internacional dea Cooperación na Esfera da Auga.




"A auga é un elemento clave cuxa importancia nunca será sobreestimada. A auga aparece como denominador común entre os retos mundiais máis importantes do noso tempo, como a enerxía, os alimentos, a saúde, a paz e a seguridade. A xestión da auga pode reducir o risco de desastres como a seca ou as inundacións. Coas concas fluviais transfronteirizas e os sistemas acuíferos representado case a metade da superficie da Terra, a cooperación arredor da auga revélase vital para a paz."
Irina Bokova, directora xeral da UNESCO


A Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o ano 2013 Ano Internacional dea Cooperación na Esfera da Auga. Dende a Biblioteca do Xelmírez II queremos centrar as actividades do último trimestre deste ano (primeiro do presente curso académico) nesta conmemoración orientando ao alumnado nun percorrido polo mundo da auga: dende os seus componentes químicos, a toma de conciencia de que se trata dun ben escaso, a importancia da preservación dos recursos hídricos para a o medio ambiente e a xustiza social ata o seu papel na historia e na cultura humanas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario