Entre as actividades destindas a conmerar o
Ano Internacional da Cooperación na  Esfera da Auga, a  Biblioteca escolar do IES Arcebispo Xelmírez
II convoca un concurso de fotografía sobre o tema da Auga, coa fin de
concienciar ao alumnado que habita nun país húmido, que a auga constitúe un
dos retos máis importantes do noso tempo e que a cooperación na esfera da auga
é vital para o mantemento da paz e a seguridade no mundo.
1.PARTICIPANTES: Pode concurrir todo o alumnado. O profesorado e os
pais e nais, poden presentar fotografías fora de concurso.
2. TEMÁTICA: As imaxes presentadas deben estar relacionadas
coa Auga . A organización resérvase
o dereito de aceptar as obras según se axusten ou non á temática proposta e a uns
criterios de calidade técnica mínimos.
3. ENVÍO DAS OBRAS: Cada concursante pode enviar unha fotografía ou unha serie de ata un máximo de 3 imaxes, que deben presentarse en formato JPG. Enviaránse a través do correo da biblioteca: biblixel2@gmail.com, axuntando o formulario de admisión, no que debe figurar o nome completo do alumno/a, data de nacemento, curso e grupo. Os traballos presentados deben ser inéditos.

4. PRAZOS DE ENTREGA: Ata
as 14.00 do 7 de decembro.
5. SELECCIÓN DE OBRAS E FALLO: As
fotografías presentadas a cada categoría proxectaranse no vestíbulo do centro.
As obras finalistas de cada categoría pasarán á fase final do concurso,
imprimiranse en papel e terán un período de exposición pública. Durante ese
período, todo o alumnado poderá votar. O premio será para a fotografía máis
votada dentro de cada categoría.
6. FALLO E ENTREGA DE PREMIOS:    O fallo do Concurso realizarase o 13 de
decembro  e o día 20 terá lugar a
entrega de premios. As fotografías gañadoras publicaranse no blog da biblioteca.
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario