2 jun. 2016

Este verán levame contigo

LER EN VERÁN

Agora que tes tempo para ler a Biblioteca do Xelmírez II está ao teu servizo:
Se queres levar libros, películas ou cómics para disfrutar deles nas túas vacacións podes facelo.
Ven á Biblioteca entre os días 20 e 21 de xuño
Selecciona o que queres levar á túa casa (máximo de 5 items)
Fala coa persoa encargada da Biblioteca para anotar o préstamo.

Condicións:
-Para poder levar material da Biblioteca no verán é imprescindible non ter ningún material pendente de devolución..
-A persoa que leva material para ler no verán comprométese a devolvelo á Biblioteca na primeira semana de clase do próximo curso.


No hay comentarios:

Publicar un comentario