Este ano adícaselle o Día das Letras Galegas á escritora e violinista Luísa Villalta.
Podes descargar este comecocos que se fixo na nosa biblioteca.
Para saber máis, percorre o primeiro andar do instituto!

Será divertido converterte en protagonista da portada do teu libro favorito!
Tes de prazo ata o día 22 de abril. Non deixes pasar o día!
Un verso nunca vale
o que vale o chío dun paxaro,
nin ten a forza dun río
ou o poder arrepiante dunha bala.
Pero eu sigo fidel, encadeado
á música amorosa das palabras.
Manuel María, Remol (1970)
Hoxe 2 de febreiro, celebración da Candeloria, día que casan os paxariños e que a metade do inverno vai fóra, tivemos a sorte de compartir tempo coa escritora Andrea Maceiras.
Moitas grazas por adicarnos estas sesións para afondar máis sobre O que sei do silencio, Andrea! Foi un verdadeiro pracer!