![]() |
Núñez Singala Un dos escritores preferidos do noso alumnado ven de recibir un merecido galardón.O premio dos clubs de lectura 2022-2023.Nesta páxina poderemos obter máis datos que nos acheguen o seu universo persoal, libros, biografía... |
MAR AO NORDE

21 may 2023
NÚÑEZ SINGALA GALARDONADO CO PREMIO DOS CLUBS DE LECTURA 2023
14 may 2023
LETRAS GALEGAS 2023.
Queda moi pouco para commemorar o día das letras galegas e invitámosvos a aceder a esta páxina web
da Real Academia Galega con moitos recursos de Francisco Fernández del Riego.
5 DE MAIO DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA PORTUGUESA
Portugal, Brasil, Angola, Moçambique, Cabo Verde, São Tomé e Príncipe, Guiné-Bissau e Timor-Leste têm em comum a língua portuguesa, a língua de Camões. Por isso, são chamados países lusófonos.
A língua portuguesa é não só uma das línguas mais difundidas no mundo, com mais de 265 milhões de falantes espalhados por todos os continentes, como é também a língua mais falada no hemisfério sul. O português continua a ser, hoje, uma das principais línguas de comunicação internacional, e uma língua com uma forte extensão geográfica, destinada a aumentar.
Por todo iso o Departamento de Lingua Portuguesa e a Biblioteca partciparon nun proxecto de divulgación desta lingua e cultura no noso Instituto cos alunos que cursan esta materia.Creando estes fermosos cartaces con música escollida por eles.
Clica aquí se queres ver os deseños e nesta foto verás as cartaces colgadas do noso corcho
Tamén se fixo unha escolma de libros en portugues para o alumnado
25 abr 2023
VISITAS DE AUTORES Á BIBLIOTECA PARA COMEMORAR O DÍA DO LIBRO
📘 Este martes pola tarde, o día 24 con 1ºB estivo na nosa Biblioteca coa colaboración do Departamento de Música unha poeta e música galega, Clara Pino.
Veu a presentarnos o seu libro, "Fenómeno fan" e a falar tamén da relación da poesía e a música xa que ten moitos poemas musicados de outros autores.
Explicou moitos deses poemas na nosa Biblioteca e fixemos lectura dramatizada deles.Ademáis como non deleitounos coa súa arpa e fermosas verbas poéticas.
Por outra banda David Cereijo, exalumno deste centro e gañador de varios certámenes de novela estivo co alumnado de Literatura galega de cuarto, falándonos do proceso da escrita dunha novela e da súa novela tamén.
23 abr 2023
23 DE ABRIL NO XELMIREZ II
A nosa Biblioteca, como non podía ser doutro xeito prepara o día do libro.En primeiro lugar contando coas suxerencias dos nosos alumnos.

23 DE ABRIL, CELEBRACIÓN DIA DO LIBRO
A celebración do Día do Libro remóntase a principios do século XX.
A historia do libro faise festiva e xorden actividades literarias en toda España. Hoxe, o día 23 de abril celébrase en todo o mundo, o Día do Libro Internacional.
A Orixe do Día do Libro remóntase a 1926. O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega. Tamén nun 23 de abril naceron – ou morreron – outros escritores eminentes como Maurice Druon, K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo. Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e os seus autores, e alentar a todos, en particular aos máis novos, a descubrir o pracer da lectura e respectar a irreemplazable contribución dos creadores ao progreso social e cultural.
A idea orixinal da celebración do Día do Libro partiu de Cataluña, do escritor valenciano Vicente Caravel Andrés, propoñéndoa á Cámara Oficial do Libro de Barcelona en 1923 e aprobada polo rei Alfonso XIII de España en 1926. O 7 de Outubro de 1926 foi o primeiro Día do Libro, pouco despois, en 1930, instáurase definitivamente a data do 23 de abril como Día do Libro, onde este día coincide con Sant Jordi - San Jorge, patrón de Alemaña, Aragón, Bulgaria, Cataluña, Etiopía, Xeorxia, Grecia, Inglaterra, Líbano, Lituania, Países Baixos, Portugal, Eslovenia e México. É tradicional regalar unha rosa ao concluír unha lectura, evento ou pregón e que os namorados e persoas queridas intercámbiense unha rosa e un libro.
21 mar 2023
21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA
21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA
A Biblioteca está lista para os eventos poéticos.
As poesían enchen o taboeiro:
Os poetas fannos visitas para ensinar o seu mundo poético:
Aquí os alumnos de 1ºB e 1ºC na charla de David Pérez