Mostrando entradas con la etiqueta NOVAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta NOVAS. Mostrar todas las entradas

15 may 2014

Día das Letras Galegas


   O  Día das Letras Galegas está dedicado en 2014 á figura do poeta Xosé María Díaz Castro, poeta e tradutor natural da parroquia dos Vilares (Guitiriz), onde naceu en 1914. Estudou  no Seminario Santa Catalina de Mondoñedo e desenvolveu a súa actividade profesional como profesor en Madrid dende 1948.
 Foi autor de unha única obra, o poemario 'Nimbos' (1961). Pese a isto, foi encadrado dentro da Xeración de 1936, xunto a poetas como Ricardo Carballo Calero, Celso Emilio Ferreiro y Aquilino Iglesia Alvariño. Entre os seus poemas máis coñecidos está 'Penélope'.
Faleceu en Lugo en 1990.


Biografía
Máis información sobre o Día das letras Galegas
Web da Xunta de Galicia sobre o autor
CONCURSO SOBRE DÍAZ CASTRO NO BLOG DE DINAMIZACIÓN

 A sala Mozart do Auditorio foi o escenario elixido para a representación de 
"Un paso (sempre) adiante", un recital dramatizado en torno á figura e á obra de Díaz Castro dirixido ao alumnado dos centros de ensino secundario do IES Xelmirez II, Compañía de María, La Salle e IES Eduardo Pondal.



15 may 2013

Roberto Vidal Bodaño-Letras Galegas 2013




O mundo do teatro galego está de festa: este ano 2013 dedícanlle as Letras Galegas a Roberto Vidal Bolaño, desaparecido no 2002, cando aínda contaba só 52 anos.

Vidal Bolaño era sen dúbida unha das persoas que mellor representaba os éxitos e os problemas do teatro. O noso sistema cultural e literario continúa tendo hoxe un carácter problemático, marxinal, aínda incapaz de crear modelos de prestixio na comunidade galega e xerar un mercado cultural. Esta debilidade estrutural acentúase aínda máis no caso do teatro: este foi sempre un espectáculo en crise, dependente dun público minoritario, con sistemas de exhibición moi precarios, con apoios institucionais ou moi febles ou ás veces abafantes... En definitiva, o teatro non resulta demasiado rendible nin apto para quen desexe un triunfo fácil e rápido.

Vidal Bolaño vivía o teatro e para o teatro, dunha maneira total: autor de textos teatrais moi ben escritos, actor e tamén director. Espectáculos nunca idénticos, representados ante públicos moi diferentes... aí está a maxia deste espectáculo fascinante que se resiste á mecanización.

Desde os anos setenta puidemos ver obras como "Laudamuco, señor de ningures" (acababa de morrer Franco e aquel ditador derrotado e moribundo facíanos pensar nel), ou uns anos despois vimos a súa aproximación existencialista e social ao problema da morte e do suicidio ("Bailadela da morte ditosa"), ou máis adiante admiramos esa recreación maravillosa, apaixonada e melancólica da figura de Rosalía ("Agasallo de sombras")... E logo viñeron "As actas escuras", e "Saxo tenor", e "Días sen gloria"...

Vidal Bolaño contou moitas historias do noso presente e do noso pasado. Eran tamén historias que desbordaban o noso tempo e a nosa xeografía, porque conseguían tocar zonas profundas do noso ser, ás veces de maneira tráxica e profunda, outras de modo máis cómico e retranqueiro, como fai sempre o bon teatro.


Santiagués alto e serio, o seu chapeu, bigote e cigarro sempre na man dábanlle certo aire de Don Quixote das rúas da zona vella de Santiago. Era tamén moi respectado por todos os colegas do mundo do teatral, mesmo por aqueles que se movían en liñas estéticas e temáticas moi diferentes.

Os seus textos merecen unha lectura, están moi ben escritos, aínda que obviamente non hai sucedáneo que sustitúa á súa representación.

E por certo: polo menos unha vez estivo aquí, no Xelmírez II, falando co alumnado de teatro. E tamén en varias ocasións saímos a Santiago para ver as súas obras; aínda o recordamos en 1994, en "Días sen gloria": era daquela un vello cabaleiro que, xa sen medo nin esperanzas, peregrinaba a Santiago.

Longa vida á túa obra e ao teatro galego, Roberto.

Manuel Amor Couto.

30 abr 2013

Semana do libro

Na semana do Día Mundial do Libro recibimos ao escritor compostelán Suso de Toro no noso centro para falarnos de literatura e do pasado, presente e incerto futuro dos libros.



 Tamén poidemos ver durante toda a semana  unha exposición de  libros escolares dos anos 50 e 60 na biblioteca.













23 abr 2013

23 de abril, Día do libro

Na Biblioteca Xelmírez II celebramos o Día do librorecomendando os nosos libros

7 mar 2013

Artistas esquecidas

¿Por que non aparecen mulleres nos libros de arte?. ¿Acaso non houbo mulleres dedicadas a creación artística?.  A partir do século XIX podemos atopar algún nome, pero ata ese momento ¿non existiu ningunha muller que destacara na pintura? e, se existiu, ¿por que é tan dificil atopar as súas obras nas enciclopedias e manuais de arte?, ¿Son as súas obras dunha calidade inferior ás dos seus coetanios varóns?
Invitámosvos a ver os seguintes vídeos de Andrea Piccardo e a visitar algunhas webs para facer visible o que durante séculos se fixo esquecer.




webs sobre o tema: 


Bibliografía:
                                                        

L. F. Cao, Marián :"Creación artística y mujeres"







Grosenick, Uta: " Mujeres artistas de los siglos XX y XXI".
2003, Madrid, Taschen Benedikt.





 De Diego, Estrella: "La mujer y la pintura del XIX español: Cuatrocientas olvidadas y algunas más".Cátedra 2009 









 Mayayo, Patricia: "Historias de mujeres, historias de arte"
Cátedra, 2003 








Martínez Díaz, Noemí; López Fernández Cao, Marián: 

Ed. Horas y horas, 2000


 

Femmes françaises célèbres

O alumnado de francés de 4º de ESO fixo unha búsquedad sobre mulleres francesas que tiveron ou teñen relevancia no eido da cultura, política ou sociedade. Con esa información crearon este poster "gloster" para colaborar na conmemoración do día internacional da muller traballadora e comprometida.

5 feb 2013

Entrega do premio ao mellor tweet

O luns no segundo recreo fíxose entrega na biblioteca do premio ao mellor tweet pola paz.
 A gañadora foi Carmela García Ogando, de 1ºBAC-A.

#Biblixel2diadapaz A paz non durme nos estómagos baleiros (la paix ne dort pas dans les estomacs vides).

Parabéns Carmela!



4 feb 2013

Actos no Día da Paz


O pasado día 30 celebramos o día da paz

Con exposición e préstamo de libros e películas relacionadas co tema









Recitando poemas pola paz



Pensando e escribindo...tweets









Vendo a película "Katmandú" de Icíar Bollaín

1 feb 2013

Os mellores tweets

Estes foron os mellores tweets recollidos o pasado día 30,  Día da paz:



#Biblixel2diadapaz La humanidad debe poner fin a la guerra,si no la guerra sera fin de la humanidad (EA)



#biblixel2diadapaz: " La paix exige quatre conditions essentielles: la verité, la justice, l'amour et la liberté"



#biblixel2diadapaz dia de la paz? Siguen matando gente, como todos los dias.




#BibliXel2diadapaz PAIX:un mot que tout le monde connait, mais pas tout le monde respecte.



E o tweet gañador é...

#Biblixel2diadapaz A paz non durme nos estómagos baleiros (la paix ne dort pas dans les estomacs vides).

Noraboa! Podes pasar a recoller o premio a partir do luns pola biblioteca.