25 abr 2023

VISITAS DE AUTORES Á BIBLIOTECA PARA COMEMORAR O DÍA DO LIBRO

📘 Este martes pola tarde, o día 24 con 1ºB estivo na nosa Biblioteca coa colaboración do Departamento de Música unha poeta e música galega, Clara Pino.

Veu a presentarnos o seu libro, "Fenómeno fan" e a falar tamén da relación da poesía e a música xa que ten moitos poemas musicados de outros autores.

Explicou moitos deses poemas na nosa Biblioteca e fixemos lectura dramatizada deles.Ademáis como non deleitounos coa súa arpa e fermosas verbas poéticas.





Por outra banda David Cereijo, exalumno deste centro e gañador de varios certámenes de novela estivo co alumnado de Literatura galega de cuarto, falándonos do proceso da escrita dunha novela e da súa novela tamén.





No hay comentarios:

Publicar un comentario