Este ano adícaselle o Día das Letras Galegas á escritora e violinista Luísa Villalta.
Podes descargar este comecocos que se fixo na nosa biblioteca.
Para saber máis, percorre o primeiro andar do instituto!
Este ano adícaselle o Día das Letras Galegas á escritora e violinista Luísa Villalta.
Podes descargar este comecocos que se fixo na nosa biblioteca.
Para saber máis, percorre o primeiro andar do instituto!
Será divertido converterte en protagonista da portada do teu libro favorito!
Tes de prazo ata o día 22 de abril. Non deixes pasar o día!
Un verso nunca vale
o que vale o chío dun paxaro,
nin ten a forza dun río
ou o poder arrepiante dunha bala.
Pero eu sigo fidel, encadeado
á música amorosa das palabras.
Manuel María, Remol (1970)
Hoxe 2 de febreiro, celebración da Candeloria, día que casan os paxariños e que a metade do inverno vai fóra, tivemos a sorte de compartir tempo coa escritora Andrea Maceiras.
Moitas grazas por adicarnos estas sesións para afondar máis sobre O que sei do silencio, Andrea! Foi un verdadeiro pracer!
Na entrada do centro, a biblioteca expón unha escolla de libros que teñen como temática a violencia contra as mulleres.
Na adolescencia tamén existe violencia de xénero. Como detectala? Seguro que algunha das novelas che pode servir de axuda.
Ánimate a ler!
Esperámoste!
Polos corredores do centro poderás atopar carteis con información de 30 mulleres escritoras en lingua galega, portuguesa, castelá, francesa e inglesa.
Algunhas seguro que as coñeces; outras descubriralas!
Se aínda non escolliches lectura, podes pasar o venres pola biblioteca e decidir entre narrativa, poesía, teatro, manga, cómic...
Consulta as novidades!
A biblioteca do IES Arcebispo Xelmírez II xa está aberta durante todos os recreos cos seguintes servizos activos: préstamo e devolución de libros, consulta, xogos de mesa didácticos e sala de lectura.
En breve organizaranse actividades das que se informará no taboleiro exterior.
O equipo de Dinamización da Biblioteca quere agradecer a colaboración de todo o alumnado voluntario que fixo posible que este espazo aberto a toda a comunidade educativa comece a camiñar este curso 2023-24.